Plataforma nacional para o estudo e prevención do suicidio
Neste enlace poderás atopar moitísima información de interese sobre o fenómeno do suicidio no estado español organizado por noticias, recursos, estudos e mapas con datos actualizados tanto por ano como por territorios.
Tamén recolle a boa noticia de que dende maio deste ano comezouse a traballar na creación dun Plan de Acción para Previr o Suicidio para o período 2025-2027, e que se pretende abordar dende unha perspectiva multidisciplinar onde se impulsará a deprescripción de psicofármaxos, especialmente entre a poboación xoven" para incrementar por outra banda "a da prescripción social, é dicir, prescripción de recursos accesibles na propia comunidade beneficiosos para a saúde".
Dende Aférrate alégranos enormemente que se traballe neste camiño posto que o suicidio debe ser entendido como un fenómeno multicausal e, por ende, abordado e coordinado dende as diferentes disciplinas tales como a educativa, social, medioambiental ou artística.