Cortar por la línea de puntos

04.08.2023

"Strappare lungo i bordi" (Cortar por la línea de puntos: Dispoñible en Netflix) é unha serie de animación italiana escrita e deseñada por Zerocalcare, un dos seus personaxes principais, que relata en primeira persoa, e a camiño entre a comedia e a agonía, a realidade das xeracións chamadas X e Millenial.

Unha serie que mostra a complexidade do sistema onde habitamos e como isto inflúe na vida diaria e, sobre todo, nos conflitos que habitamos tanto na individualidade como en grupo e que nos levan a situación límite.

Unha serie que cunha estética e banda sonora moi atractiva nos animas a falar, compartir e debater sobre a saúde mental, a identidade e a amizade e tamén a previr a conduta suicida.

Saber máis da serie


Sarah, Secco, Zero e Armadillo (Principais personaxes da serie)
Sarah, Secco, Zero e Armadillo (Principais personaxes da serie)