Naturaleza para aferrarse a la vida.

10.09.2023

Hoxe polo día Mundial de Prevención do Suicidio saimos no Faro de Vigo cunha entrevista que nos fixo a periodista Ágatha de Santos. Desexamos que vos resulte de interese o proxecto Aférrate. Programa de Prevención da Conduta Suicida. 

Nas próximas publicacións trataremos de desmontar todos os mitos que rodean o fenómeno da conduta suicida e que debemos coñecer para non caer en prexuízos e nunha actitude pasiva ante unha realidade que nos afecta a todas e todos. 

Por que? Porque a sociedade no seu conxunto é un axente de cambio para coidar da nosa saúde mental, e para visibilizar así tanto a conduta suicida como os suicidios consumados presentes na nosa comunidade e fóra dela. 

Este programa é un exemplo disto, e por iso agradecemos de novo tanto ao Sergas como o Ministerio de Sanidade o seu apoio para desenvolver un proxecto tan novidoso.

Lembrade que tedes o acceso no apartado "Inicio" á Xornada celebrada o pasado venres en Santiago Compostela, e centrado este ano na Posvención.